Volver

PROEPLA

Proxectos e Planificación

Código
GI-1716
Departamento
Proxectos e Produción Vexetal e Enxeñaría Agroforestal
Responsable
MANUEL FRANCISCO MAREY PEREZ
Email
Teléfono
Dirección
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. Rúa Benigno Ledo s/n. 27002. Lugo. España

Presentación xeral

O grupo de investigación PROePLA caracterízase por estar formado por investigadores referentes en sectores coma o inventario forestal, o cálculo da captación de carbono, os regos de cultivos agrícolas, a hidroloxía, os lumes forestais xunto coa xestión e planificación territorial a nivel autonómico, nacional e internacional. PROePLA nos seus máis de 25 anos de historia acumula un traballo de investigación pero especialmente de transferencia e extensión que o converten nun referente para o medio rural.

Os resultados numéricos falan de forma sintética do traballo realizado; neste momento, máis de 500 publicacións das que máis da metade son artigos científicos xunto con 31 teses doutorais dirixidas polos membros de PROePLA avalan a capacidade do grupo de contribuír ao desenvolvemento científico. A isto hai que engadir os máis de 50 proxectos de investigación e máis de 200 convenios asinados con diferentes entidades o que pon de manifesto a capacidade de achegar solucións ao medio rural real que ten PROePLA

Liñas de investigación

Monitorización forestal a distintas escalas espaciais
Proxectos de captura de carbono
Xestión de proxectos de investigación
Fertirrego e necesidades hídricas dos cultivos
Xestión integral de bacías hidrográficas
Lumes forestais
Planificación sectorial e territorial

PERSOAL

Arias Jordán Efrén
Barrasa Rioja Martín
Cancela Barrio Javier José
Cuesta García Tomás
Dafonte Dafonte Jorge
Fandiño Beiro María
Franco Vázquez Luis
Fernández Rodríguez María Elena
Guerra Pestonit Rosana
Marey Pérez Manuel Francisco
Neira Seijo Xan Xosé
Rey Sanjurjo Benjamín Jesus
Teijeiro Rodríguez Maria Teresa
Valcarcel Armesto Montserrat

RESULTADOS APLICADOS

Inventarios Forestais Nacionais e Rexionais
Inventarios de Gases de Efecto Invernadoiro
Proxectos de planificación de regadíos
Proxectos de prevención e planificación de resposta a lumes forestais
Proxectos de convocatorias LULUCF/REDD+/ARR/IFM, LIFE, INTERREG, GOI, Retos, Fundación Biodiversidade, CDTI, GRC, Consolidación, etc.

PRINCIPAIS CAPACIDADES/SERVIZOS

Deseño e posta en marcha de sistemas de vixilancia forestal
Auditoría de proxectos de carbono e sistemas de monitorización forestal
Zonificación do solo
Avaliación de sistemas de rego
Análise da pegada hídrica
Control e seguimento do estado hídrico dos cultivos
Rego de precisión
Sensorización de solo, planta e clima
Cuantificación e xestión de recursos hídricos
Planificación hidrolóxica
Cálculo de risco de lumes
Planificación agraria

EQUIPOS SINGULARES ESPECIALMENTE RELEVANTES

N/A