Volver
SWT
Novas Metodoloxías Sintéticas
Código
GI-1599
Departamento
Química Orgánica
Responsable
Dr. Julio A. Seijas Vázquez
Email
Teléfono
Dirección
Facultade de Ciencias. Alfonso X Sabio s/n, 27002-Lugo
Presentación xeral
Grupo especializado na síntese de compostos orgánicos de interese farmacolóxico e agroalimentario, así como na purificación e determinación estrutural de compostos naturais e sintéticos. O deseño de síntese faise buscando sempre a sostibilidade dos procesos e un mínimo impacto ambiental. O grupo está especializado na colaboración con outros grupos, non especializados en química orgánica, establecendo unha sinerxía que permite a estes abordar aspectos da investigación que doutro xeito requirirían unha especialización custosa no eido da Química Orgánica.
Liñas de investigación
Cálculo de estruturas e propiedades moleculares e acoplamento molecular.Deseño e síntese de novos cristais líquidos e tensioactivos.
Desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas de baixo impacto ambiental.
Illamento, elucidación estrutural e síntese de produtos naturais e de interese agroalimentario.
Síntese de compostos con actividade biolóxica.
Síntese de compostos de interese agroalimentario.
Síntese e aplicacións de líquidos iónicos.
Síntese orgánica asistida por microondas (MAOS)
PERSOAL
Dr. Julio A. Seijas VázquezDra. M. Pilar Vázquez Tato
RESULTADOS APLICADOS
N/APRINCIPAIS CAPACIDADES/SERVIZOS
Cálculo de estruturas e propiedades moleculares e acoplamento molecular.Deseño e síntese de novos cristais líquidos e tensioactivos.
Desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas de baixo impacto ambiental.
Determinación de estruturas moleculares e composición de substancias mediante resonancia magnética nuclear (RMN), espectroscopia IR, UV e espectrometría de masas.
Illamento, elucidación estrutural e síntese de produtos naturais.
Síntese de compostos con actividade biolóxica.
Síntese de compostos de interese agroalimentario.
Síntese e aplicacións de líquidos iónicos.
Síntese orgánica asistida por microondas (MAOS)
….Asesoría de grupos de investigación non especializados en Química Orgánica e industrias e organismos oficiais.


