Volver

LHICA-USC

LABORATORIO DE HIXIENE, INSPECCIÓN E CONTROL DE ALIMENTOS

Código
GI-1628
Departamento
QUÍMICA ANALÍTICA, NUTRICIÓN E BROMATOLOXÍA
Responsable
Alberto Cepeda Sáez
Email
Teléfono
Dirección
Facultade de Veterinaria.
Avda. Carballo Calero, s/n
27002 Lugo

Presentación xeral

O noso campo de traballo é a Seguridade Alimentaria polo que abranguemos un amplo número de aspectos de natureza moi diversa. Podémolos abordar con solvencia, todos eles, grazas a anos de traballo dedicados a esta temática desde a nosa constitución como grupo de investigación en 1999. Este grupo conta con catro áreas principais de traballo (Microbioloxía, Físico-química, Bioloxía Molecular, e Nutrición Humana) que funcionan conxuntamente para obter o máximo rendemento nos resultados das nosas investigacións. Ademais, a través da nosa empresa Deinal Soluciones Agroalimentarias (empresa derivada da USC) ofrecemos de forma rutineira servizos a toda a industria alimentaria polo que nos mantemos actualizados en canto ás necesidades e problemas emerxentes do sector. O noso laboratorio está acreditado por ENAC Nº 1014/LE1929 para diversos ensaios en mostras de vacún, así como para o control da Salmonella spp. en granxa. Brevemente, a Área de Microbioloxía aborda a contaminación bacteriana e fúnxica, aspectos do seu comportamento e formación de biofilmes, determinación de inhibidores, biorresistencias, e mecanismos de control; a Área de Físico-química ocúpase da determinación da presenza de substancias farmacolóxicas e/ou prohibidas, hormonas, e outros contaminantes en pensos, augas e alimentos de orixe animal; na Área de Bioloxía Molecular realízanse de forma rutineira controis de rastrexabilidade de alimentos e proxectos relacionados coa expresión e regulación xénica, xenotipado de animais e análise do microbioma de diversas matrices; na Área de Nutrición Humana realizamos investigacións sobre a microbiota humana e animal e sobre os efectos de probióticos e prebióticos e outros compoñentes bioactivos dos alimentos sobre a saúde humana, utilizando potentes ferramentas analíticas como a metabolómica ou a transcritómica, entre outras ómicas, ademais de estudos de composición para etiquetado nutricional e colaboracións no desenvolvemento de alimentos funcionais.

Liñas de investigación

I. Área de Microbioloxía
• Estudo de métodos avanzados de conservación e almacenaxe de carnes e peixe.
• Estudos sobre o establecemento de vida útil de produtos alimenticios.
• Estudos de biorresistencia en bacterias de interese alimentario (comparación con produtos ecolóxicos).
• Avaliación de novas substancias con actividade antimicrobiana para o seu emprego en alimentos.
• Estudos sobre a formación de biofilmes ou biopelículas na industria agroalimentaria.
• Control da Salmonella spp. dentro do Programa Nacional, en granxas de aves.
• Asesoramento a empresas en: seguridade alimentaria, implantación e auditorías de sistemas de autocontrol da hixiene baseados no APPCC, desenvolvemento de proxectos de I+D+I con industrias, etc.

II. Área de Físico-química
• Desenvolvemento de metodoloxía para a determinación de micotoxinas presentes en alimentos e pensos.
• Desenvolvemento de metodoloxía para a detección de substancias prohibidas en produción animal, en pensos, alimentos e noutras mostras biolóxicas (Ex.: GC, HPLC, DAD, MS, MSMS).
• Desenvolvemento de metodoloxía para a detección de residuos de substancias farmacolóxicas usadas en produción animal, en pensos e alimentos destinados ao consumo humano (Ex.: GC, HPLC, DAD, MS, MSMS).
• Estudos de residuos de contaminantes procedentes de coadxuvantes usados na industria agroalimentaria.
• Investigación sobre a presenza de hormonas naturais en alimentos de orixe animal e factores relacionados, en particular esteroides.
• Determinación de substancias de orixe animal en pensos para vacún (microscopia)
• Control de Calidade de alimentos e pensos con etiquetado de marcas de calidade (IGP, DOP, etc.)

III. Área de Bioloxía -Molecular
• Estudos de autenticidade alimentaria en alimentos e pensos. Rastrexabilidade alimentaria e fraude.
• Caracterización molecular e secuenciación de bacterias patóxenas e de interese alimentario
• Xenotipado mediante PCR en tempo real de alto rendemento, de expresión e regulación xénica (ex. micro-RNAs).
• Determinación dos perfís de microbiota en diferentes matrices (feces, alimentos, solos…).
• Determinación mediante técnicas moleculares de alérxenos en alimentos.
• Posta a punto de métodos de cuantificación/identificación de bacterias en alimentos mediante métodos de PCR-en tempo real.

IV. Área de Nutrición Humana
• Desenvolvemento de alimentos funcionais, asesoramento analítico e técnico.
• Enquisas nutricionais.
• Charlas formativas sobre aspectos de interese en Seguridade Alimentaria e Nutrición asociacións, usuarios, consumidores e outros organismos.
• Determinación da composición nutricional para o etiquetado nutricional de alimentos.
• Perfil lipídico en leite (humana e animal) e noutros alimentos de distinta natureza; determinación do lipidoma.
• Avaliación de novos ingredientes alimentarios, incluídos prebióticos, e o seu efecto nos perfís de microbiota. Simulación in vitro da dixestión.

PERSOAL

Alberto Cepeda Sáez (Catedrático de Universidade)
Carlos M. Franco Abuín (Catedrático de Universidade)
Beatriz I. Vázquez Belda (Titular de Universidade)
Cristina A. Fente Sampayo (Catedrática de Universidade)
José M. Miranda López (Titular de Universidade)
Patricia Regal López (Profesora Contratada Doutora)
Alejandra Cardelle Cobas (Profesora Contratada Doutora)
Alexandre Lamas Freire (Profesor Axudante Doutor)
Jorge Barros Velázquez (Catedrático de Universidade)
María del Pilar Calo Mata (Titular de Universidade)
Carolina G. Nebot García (Profesora Axudante Doutora)
Alicia del Carmen Mondragón Portocarrero (Profesora Axudante Doutora)
Mónica Díaz Bao (Técnico de apoio á investigación)

RESULTADOS APLICADOS

I. Área de microbioloxía
De forma rutineira realízase o control da Salmonella spp. dentro do Programa Nacional de Control da Salmonella, en granxas de aves.
• Asesórase de forma rutineira a empresas: en seguridade alimentaria, implantación e auditorías de sistemas de autocontrol da hixiene baseados no APPCC (queixerías, algas, escolas infantís, cárnicas, barcos, etc.), desenvolvemento de proxectos de I+D+I con industrias (produtos funcionais a base de leite, carne, algas, etc.), etc.
• Realízanse de xeito rutineiro servizos sobre o establecemento de vida útil de produtos alimenticios para empresas de alimentación (ex.: produtos de orixe animal, produtos de panadaría e pastelaría, precociñados, etc.) .
• Melloráronse os métodos de envasado en baleiro e atmosferas modificadas (Sistema Darfresh) para carnes e peixe de empresas agroalimentarias.
• PATENTÁRONSE métodos para a detección rápida en laboratorios de microbioloxía de micotoxinas en alimentos (Nº publicación: ES2162552A1 e ES2195771A1)
• Determinouse a biorresistencia en bacterias de interese alimentario e a súa comparación con produtos ecolóxicos (carnes e lácteos). PATENTOUSE un método para a detección e cuantificación de bacterias resistentes a tetraciclinas (Nº publicación: ES2370850A1).
• Avalíanse novas substancias con actividade antimicrobiana para o seu emprego en alimentos e envases.

II. Área de físico-química
• De forma rutineira realízase o control de calidade hixiénico-sanitaria de alimentos e pensos con etiquetado de marcas de calidade (ex.: presenza de residuos de contaminantes, substancias prohibidas, residuos de medicamentos, presenza de fariñas animais na alimentación de ruminantes, etc.)
• Desenvolveuse numerosa metodoloxía para a determinación rutineira de micotoxinas presentes en alimentos e pensos (ex.: aflatoxinas, citrinina, ocratoxina A, alternariol, etc.).
• Desenvolveuse numerosa metodoloxía para a detección rutineira de substancias prohibidas e outras substancias farmacolóxicas usadas en produción animal en pensos e en alimentos destinados ao consumo humano (ex.: corticoides, hormonas sintéticas, sulfamidas, coccidiostáticos, beta-agonistas, somatotropina bovina recombinante, etc.).
• Realizáronse os estudos pertinentes relativos ao uso de determinados coadxuvantes usados na industria agroalimentaria (ex.: peróxido de hidróxeno, carbonatos, etc.).
• De xeito rutineiro ofrécese o control da presenza de residuos de substancias farmacolóxicas durante a fabricación de pensos durante a súa transferencia inevitable de pensos medicamentosos a non medicamentosos..
• De forma rutineira ofrece o control da presenza de residuos de substancias farmacoloxicamente activas no ambiente: xurros, augas, etc., de granxas.

III. Área de bioloxía molecular
• De forma rutineira lévanse a cabo análises sobre a rastrexabilidade alimentaria (ex.: carnes certificadas).
• Desenvolvéronse métodos para a autenticación de produtos cárnicos (ex. salchichas) e da pesca (ex., lagostinos)
• Lévase a cabo un Proxecto sobre marcadores xenéticos de obesidade e diabetes mellitus tipo II.
• Deuse a coñecer o comportamento e a capacidade de expresión xénica de bacterias patóxenas na formación de biofilmes sobre distintas superficies industriais.
• Desenvolvéronse métodos para caracterizar e identificar molecularmente a patóxenos bacterianos, algúns deles presentando biorresistencias.
• Desenvolvéronse métodos de PCR en tempo real para a detección de bacterias patóxenas, bacterias resistentes e alterantes e alimentos.

IV. Área de nutrición humana
• De forma rutineira realízase o servizo de etiquetado nutricional de alimentos.
• En colaboración con varias empresas desenvolvéronse distintos alimentos funcionais (leites enriquecidas con Omega 3 e CLA, hamburguesas con perfil lipídico saudable, produtos da pesca con rebozado de algas, etc.).
• Participouse no estudo Santiago de Compostela Subproxecto II, para o deseño de menús equilibrados en IEs e CEIPs co fin de previr a obesidade infantil.
• Realizouse unha GUIA DE ACTUACIÓN E DOCUMENTO DE CONSENSO SOBRE O MANEXO DE PREPARADOS CON PROBIÓTICOS E/OU PREBIÓTICOS NA FARMACIA COMUNITARIA SEFAC e SEPyP, en humanos.
• Leváronse a cabo numerosas charlas divulgativas sobre Seguridade Alimentaria e Nutrición a Asociacións de Amas de Casa, Usuarios e Consumidores e a IEs e CEIPs da CC.AA. Galicia (a través da Consellería de Industria e Comercio, Xunta de Galicia).
• Realizouse un estudo sobre a influencia de factores externos (ex.: dieta, prebióticos antibióticos, etc.) na modificación do microbioma e estado nutricional poboacional (Primeira Tese doutoral do Grao de Nutrición Humana e Dietética da USC, 2018).
• Realízase de forma rutineira a determinación do perfil de ácidos graxos en leites animais e humanas, despois de intervencións nutricionais, a súa influencia na microbiota humana, etc.
• Realizáronse estudos de dixestión in vitro para avaliar o efecto de novos ingredientes alimentarios sobre os perfís de microbiota.

PRINCIPAIS CAPACIDADES/SERVIZOS

• Máis de 30 anos de experiencia profesional no sector agroalimentario recoñecida con varios premios e avalada cos proxectos e multitude de contratos con empresas, principalmente do ámbito galego, pero tamén pola nosa continua colaboración coa administración.
• Amplo catálogo de tecnoloxía que se moderniza de forma persistente, aplicable ao eido da Seguridade Alimentaria e máis recentemente á Nutrición e a Saúde humanas.
• Equipo de profesionais multidisciplinario, abarcando moitos dos sectores da ciencia e da saúde (farmacéuticos, veterinarios, biólogos, peritos agrónomos, químicos, enfermeiros, nutricionistas, técnicos de laboratorio, etc.), o que nos permite abordar un mesmo problema desde distintas perspectivas para achegar solucións complementarias.

EQUIPOS SINGULARES ESPECIALMENTE RELEVANTES

• Área de microbioloxía
Cámara fluxo laminar, autoclaves, baños termostáticos, destiladores, estufas, granatarios, balanzas, pH-metros, microscopios ópticos, sistemas de caracterización bioquímica por serotipificación e molecular, etc. Sistema de dixestión in vitro.

• Área de físico-química
Espectrofotómetro visible-UV, LC-quimioluminiscencia, LC-Láser (365 nm), LC-detector UV, HPLC-detector DAD, Lector ELISA, GC-MS (Thermo), GC-MS (Varian), GC-FID (Agilent), GC-MS/MS (Thermo), HPLC-MS/MS ABSciex), UHPLC-qTOF (Agilent), equipamento habitual (ultrasóns, evaporadores, centrífugas, Manifold, etc.), etc.

• Área de bioloxía molecular
Secuenciador de nova xeración Ion Genestudo S5(ThermoFisher Scientific), Sistema de secuenciación de terceira xeración MinION (Oxford Nanopore Technolofies),Equipo de PCR en tempo de alto rendemento QuantStudio 12K Flex (Applied Biosystems, ThermoFisher Scientific) con sistema automatizado de carga QuantStudio 12K Flex Accufill (Applied Biosystems, ThermoFisher Scientific), Termocicladores, Sistema de imaxe ChemiDoc (Biorad), Fluorímetro para cuantificación de ácidos nucleicos Qubit 4 (Invitrogen, ThermoFisher Scientific), Bloques térmicos con axitación, microcentrífuga refrixerada

• Área de nutrición humana
Inbody S10, Inbody 230, Omron BF300, Reflotrón, tensiómetros, medidores de altura, metros, calibres, sistemas de monitorización de glicosa en sangue e corpos cetónicos, etc. Equipo simulación colon artificial (sistema de dixestión in vitro).